Política Social reforzará os servizos de atención ás persoas maiores de Padrenda

Fabiola García comprometeuse co alcalde Manuel Pérez neste sentido

Padrenda | Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade, mantivo unha reunión con Manuel Pérez Pereira, alcalde de Padrenda, na que se comprometeu a seguir reforzando e mellorando os servizos de atención e coidados ás persoas maiores deste municipio.

Fabiola García trasladou ao rexedor que na actualidade a Xunta destina máis de 300.000 euros en diferentes recursos para atención a maiores deste concello, entre os que se atopan o Bono coidado no fogar, do que se benefician 19 veciños, que reciben unha achega anual de 5.000 euros para coidados na casa. Así mesmo, a conselleira sinalou que desde o 2021 a Xunta concedeu a este municipio máis de 300 horas do Servizo de Axuda no Fogar ata completar as 1.484 coas que conta na actualidade.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.