Vigo | A UNESCO vén de proclamar o 17 de outubro como o Día Internacional do
Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), sumando así unha nova data á do 16 de novembro,
Día internacional do patrimonio.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! (única ONG acreditada pola
UNESCO para o PCI en Galicia) programa un amplo conxunto de actividades en Galicia e
no Norte de Portugal. Celebra que se dedique un día internacional ao patrimonio vivo, o
das persoas e vén a confirmar a importancia que a UNESCO concede a este tipo de
patrimonio.
Ponte…nas ondas! (modelo de boas prácticas co PCI, España-Portugal 2022) insta á
sociedade a acoller esta celebración e a tomar conciencia sobre as expresións e
manifestacións do noso patrimonio inmaterial. Pide aos centros educativos que se sumen
a conmemoración e que transmitan ao alumnado o valor da cultura inmaterial. Para iso
enviouse unha convocatoria aos centros educativos de Galicia e Portugal con suxestións
para realizar o día 17 e información sobre o PCI e un cartel para divulgar.
Actividades en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Valença do Minho
Ponte…nas ondas! en colaboración con outras entidades de Galicia e Norte de Portugal
programou actividades de divulgación co obxectivo de dar a coñecer esta celebración no
territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Santiago de Compostela: MES DO PATRIMONIO
Do 17 de outubro ao 16 de novembro
(en colaboración coa Universidade de Santiago, o Consello da Cultura Galega e o
Concello de Santiago) .
* 17 de outubro, presentación das actividades do mes e inauguración da exposición
sobre os bens de PCI de España na UNESCO. Claustro de Fonseca. 12.00 hs.
Ourense: DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL, PCI
Do 17 de outubro ao 16 de novembro
(en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro de cultura popular Xaquín Lorenzo
da Deputación de Ourense)
• 17 de outubro
– Inauguración da exposición o”As imaxes do patrimonio” na Facultade de
Educación e Traballo Social. 12.00 hs.
– Homenaxe a Florencio de Arboiro.18.45 hs:
– Acto de apertura con intervencións a cargo do Reitor da Universidade de
Vigo e Presidente da Deputación de Ourense
Intervención da profesora Fátima Braña Rey, sobre o significado do Día
Internacional do Patrimonio Inmaterial.
• Intervención do Profesor Xosé Manuel Cid, en agradecemento a Florencio de
Arboiro pola súa contribución á visibilización do Patrimonio Cultural
Inmaterial Galego-Portugués.
• Proxección do documental “A última viaxe do afiador” de Aitor Rei. 19.00 hs.
Valença do Minho (Portugal): DIA INTERNACIONAL DO PATRIMÓNIO CULTURAL
IMATERIAL, PCI
Do 17 de outubro ao 16 de novembro
(em colaboração com o Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho e a Câmara
Municipal de Vaença do Minho)
17 outubro
11.00h – Inauguração da exposição fotográfica: “As imagens do Património” – PNO!
11.15h – Atuação da TUNESCE–Tuna da Escola Superior de Ciências Empresariais, IPVC Viana do
Castelo
11.30 h/12.30h – Mesa de diálogo:“Afinal o que e …Património Cultural Imaterial?…”
Intervenientes
• Alvaro Campelo (antropologo, professor da Universidade Fernando Pessoa), autor entre
outras da obra “Lendas do Vale do Minho”)
• Augusto Canario (musico e portador do património imaterial galaico-português
• Maria de Lourdes Carita (professora e socia-fundadora da Associação Cultural e
Pedagógica Ponte…nas ondas!)
• Arlindo Sousa (vereador da Câmara Municipal de Valença do Minho)
Vigo
Do 15 ao 16 de novembro
15 de novembro: Celebración do Día Internacional do patrimonio para os centros
educativos
• Acto de entrega de premios do 7º Certame “As imaxes do
patrimonio”. Auditorio do Centro Cultural e Veciñal de Valadares. Vigo. 12.00 hs.
Coa actuación de Uxía e a banda molona
• 16 de novembro: PONTE DE PATRIMONIO. Gala do patrimonio inmaterial
galego-portugués. Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música
de Vigo.20.30 hs.