Vigo | Unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazarase a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología para mostrar o modelo desenvolvido por Ponte…nas ondas! (PNO!) que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no pasado mes de decembro en Rabat.
O acto terá lugar no Auditorio do museo o sábado 28 ás 12.00 hs. da mañán e para asistir
presencialmente é necesario reservar a través do e-mail: reservas.mna@cultura.gob.es
O programa mostrará ao público a fórmula de Ponte…nas Ondas!: educación+comunicación+patrimonio+tics e nel participará alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! anteriormente.
Alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas serán as encargadas de conducir o
“radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participará un grupo de música tradicional de 7 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e cavaquiños) que interpretarán temas do repertorio tradicional galego-portugués.
A artista y ilustradora Lara Lars participa coa realización dun cartel para o acto e será
entrevistada para que conte a su experiencia coa radio escolar no seu centro participante en PNO! e as súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.
O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural e inmaterial galego-portugués, levará ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto “Cordas históricas” e interpretará en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa. Pancho Álvarez acompaña actualmente a formación de Carlos Núñez e é un gran coñecedor da música de tradición oral. Ten realizado un disco e un documental de Florencio, o cego de Os Vilares, que está a presentar por diversos lugares.
O realizador Roi Grandío será o encargado da gravación dunha peza audiovisual e tamén
contará o seu paso por Ponte…nas ondas! como alumno en secundaria. Tamén será entrevistado polas alumnas o director do museo, Fernando Sáez Lara, quen fará un percorrido pola traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 y cerca xa do seu 150 aniversario.