Ponteareas | A Concellería de Medio Ambiente informa que durante a xornada do martes 14 de xullo, e coincidindo coa celebración do mercado, o Concello instalará un posto informativo sobre compostaxe onde os/as veciños/as poderán aclarar as súas dúbidas sobre o tema.
No marco do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo Alonso, colocará unha carpa informativa na Rúa Fernández Vega (fronte á Praza de Abastos) o 14 de xullo de 10 a 13 horas.
A mestra composteria do Concello, co apoio das mestras da Deputación, estará a disposición dos/as intereseados/as. Encargaranse tamén de repartir bolsiñas con compost procedente dos centros de compostaxe comunitario de Perillana e Feira Vella e outros agasallos.
A concelleira de Medio Ambiente informa que en Ponteareas, no marco de Revitaliza, instaláronse dous centros de compostaxe comunitario e está en proxecto a instalación de máis para cubrir as necesidades dos habitantes das zonas urbanas. Tamén explica que se realizou con éxito un proxecto piloto na parroquia de Arcos onde se repartiron composteiros individuais, xa que nas zonas rurais este tipo de compostaxe é a idónea.
Rosa Covelo fai fincapé na importancia de implicarse dende os fogares co primeiro paso de separar os residuos para que cada un vaia ao colector axeitado, “se cada un de nós separa na casa, ese resíduo irá ao destino que lle corresponde e poderá ser reciclado ou tratado axeitadamente”. Reducir, reutilizar e reciclar son as máximas que debemos ter en conta tanto cando mercamos como cando xa nos desfacemos dos produtos, só así poderemos contribuir á nosa estratexia de futuro “Ponteareas, Hábitat Saudable”.