O festival “ Rosalía Musical” no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas terá lugar este venres, día 24 de febreiro.
Ponteareas | O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, homenaxea a poetisa galega máis universal, Rosalía de Castro, co gallo do aniversario do seu nacemento o día 24 de febreiro.
O Festival “Rosalía Musical” homenexeará á poetisa nun evento que conxuga a música coa poesía na que participarán o Coro Xuvenil “Cantemos” do Obradoiro Vocal “ A Vila”, o Grupo de Corda do Conservatorio Reveriano Soutullo, alumnado do IES Pedra da Auga de Ponteareas, as Pandeireteiras Pedra da Garza de Fozara, Son da Rúa e o Cuarteto de Clarinetes da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
Este festival terá lugar o vernres, día 24 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo.