Ponteareas | O orzamento do Concello de Ponteareas aprobado esta semana destina 97.000 euros para que os xóvenes recén titulados universitarios ou de ciclos formativos poidan realizar prácticas profesionais remuneradas en distintos departamentos do Concello.
As prácticas realizaránse durante o presente ano 2020, desempeñando funcións da propia formación. Ás titulacións que demandará o Concello son as relacionadas con distintos servizos municipais, “destinos nos que ás mozas e mozos poidan pór en práctica por primeira vez a faceta laboral para completar a súa formación teórica, unha formación remunerada que favorece aos estudantes e á institución municipal” sinalou a concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández.
Este programa de inserción laboral ten como finalidade ofertar aos menores de 30 anos unha oportunidade laboral relacionada, dentro dos distintos departamentos e servizos municipais, coa formación académica universitaria ou de formación profesional recibida.
Con esta iniciativa, o goberno local tamén pretende contar cunha maior presenza e participación no día a día do Concello de persoal técnico dentro das categorías máis altas do organigrama municipal para o que é preciso ser titulado universitario.
O goberno local prevé realizar este programa a través da colaboración coa Fundación Universidade Empresa Galega, prestando os servizos no Concello de Ponteareas.
Un mínimo de 10 titulados universitarios e de ciclos poderán beneficiarse desta primeira práctica laboral remunerada. O Alcalde Xosé Represas explica que cada estudante exercerá no departamento municipal relacionado coa súa carreira e ao ser o primeiro emprego isto permitirá que se familiaricen coa profesión ao tempo que o Concello se beneficia do seu traballo e coñecementos técnicos.