Ponteareas | A concellería de Ensino e a concellería de Cultura dirixidas por Cristina Fernández e Hortensia Bautista, respectivamente, acompañadas de persoal municipal que pertencen a diferentes tramos de alfombristas, ensinan ao alumando Irlandés de Tuam a confeccionar unha alfombra floral ao estilo Ponteareas e difunden, unha vez máis, a arte floral da cidade.
Deste xeito, alumnos e alumnas de Ponteareas e de Tuam aprenden a tradición herdada dos e das alfombristas ponteareás.
Ademais, nestes días realizan diferentes saídas e visitas didácticas nas que coñecen a oferta educativa de Ponteareas, o seu patrimonio histórico e a riqueza natural e paisaxística.