Ponteareas | A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista, homenaxea á escritora galega Rosalía de Castro no día do seu nacemento. Esta fin de semana do 24 e 25 de febreiro Ponteareas estará máis preto da poetisa galega.
O sábado día 24, Día de Rosalía de Castro, terá lugar ás 12 horas a ofrenda floral e descuberta de placa. Ás 20 horas no auditorio municipal celebrarase o festival “Rosalía Musical”, música, poesía e dramatización.
O domingo día 25 de febreiro ás 19 horas Roi Vidal e Laura Ponte intepretan “Rosalías” no auditorio municipal.
A Concelleira Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a participar nos actos que homenaxean a esta muller, escritora e emprendedora, exemplo de superación.