Ponteareas logra a inserción laboral de 38 persoas

Dende outubro de 2024 grazas ao Programa Integrado de Emprego (PIE)

Ponteareas | O Concello de Ponteareas desenvolve dende o mes de outubro o seu segundo Programa Integrado de Emprego que atende a 100 persoas  a través de accións individuais e grupais de distinta natureza, que buscan mellorar a súa empregabilidade. Esta iniciativa ten unha duración de 12 meses e está financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia con 220.000 euros.

O balance deste primeiro semestre de formación, orientación e asesoramento para o emprego sáldase con 38 persoas insertadas, que xa traballan en empresas da contorna. Detrás destas cifras, explica a concelleira de Emprego Silvia Fdez Táboas, atopamos “unha atención personalizada que evalúa ás destrezas de cada persoa e ás súas expectativas laborais permitindo o deseño dun itinerario axustado á realidade de cada usuaria/o”. A esta ecuación de formación e orientación súmase a realización de prácticas en empresas con compromiso de contratación, a participación en talleres de entrevista e habilidades sociolaborais, e proximamente  a participación en talleres de coaching, intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego, ademáis de formación sobre emprendementoe mobilidade laboral e rede EURES.

Orientación, prospección e formación son as metodoloxías aplicadas co fin de que as persoas participantes atopen un emprego de calidade. Este segundo Programa Integrado traballa na impartición de coñecementos e recursos nos itinerarios de almacén, sevizos e dixital.

Ao longo destes seis meses recibiron cursos de carretilla elevadora, almacén, manipulación de alimentos, caixa e reposición, atención ao cliente, competencias dixitais, programación, deseño gráfico e marketing dixital, ademais de participar en talleres prácticos de selección de persoal con responsables de recursos humanos de empresas da zona, enfrontándose a entrevistas reais. Por diante aínda queda realizar formación de bar-cafetería e de elaboración de tapas dentro do itinerario de hostalaría, e xornadas de novas tecnoloxías para a busca de emprego.

Unha técnica de xestión e duas orientadores e prospectoras laborais apoiada pola administrativa do CDL acompañan ás 100 persoas na consecución dos obxectivos. “Agradezo o traballo de Ana, Carolina, Mónica que desenvolven este proxecto e tamén de Ana do CDL porque transmiten ilusión e actitude e iso é fundamental para ofrecer ese impulso que precisan as persoas participantes”.

Recorda a alcaldesa Nava Castro que un 53 % dos participantes do primeiro Programa Integrado de Emprego inseriuse no mercado laboral. “É para nós unha prioridade mellorar a situación das persoas que máis o precisan por iso boa parte do noso traballo e xestión está en ofrecer accións que promovan a inserción laboral”. Dous programas integrados de emprego, o primeiro Programa de Emprego Xuvenil “Compromiso Xuvenil”, o primeiro “Xuventude Mentoring na Empresa” e dous obradoiros de emprego duais son realidades conseguidas nestes dous anos de goberno.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.