Ponteareas | Tras dous anos de pandemia e a pesar das actuais condicións climatolóxicas, Ponteareas volveu a disfrutar da Festa do Corpus Christi, coas súas tradicionais alfombras nas rúas e a procesión relixiosa.
Dende a madrugada do 19 de xuño foron realizándose as alfombras nas rúas ponteareáns.
A chuvia non foi impedimento para disfrutar desta festa tradicional considerada desde 1968 de Interese Turístico Nacional.
Alfombra de Infiorata Arxentina
Alfombra do Concello de Aguavivas (Teruel)
Alfombra da ONCE.
A tradicional procesión relixiosa.
A Corporación Municipal de Ponteareas tamén participou na festa.
Fotos: Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e Concello de Ponteareas.