Ponteareas moderniza os accesos do Pavillón Álvaro Pino

O Concello implanta un novo sistema de pechadura electrónica

Ponteareas | O Concello de Ponteareas avanza na modernización dos seus servizos e infraestruturas públicas e implanta o sistema de pechadura electrónica nos pavillóns do complexo deportivo Álvaro Pino. Este sistema permitirá unha mellor xestión dos espazos e a optimización dos recursos locais. A pechadura electrónica activa o acceso, a iluminación e facilita as reservas en remoto.

O concelleiro de Deportes, Luís Rodríguez, explica que para a implantación deste sistema primeiro procedeuse á formación dos traballadores municipais e despois explicóuselle ás persoas representantes dos clubs deportivos que utilizan esta instalación para os seus adestramentos ou competicións.

Desta aplicación, que xa está en funcionamento, beneficiaranse os clubs de hoquei, baloncesto, os dous de patinaxe, bádminton e fútbol sala. Tamén fai uso da instalación Avelaíña e todos aqueles usuarios e usuarias que o desexen, tamén poderán acceder á xestión das reservas dentro dos horarios libres.

A alcaldesa, Nava Castro, explica que, os recursos do Concello estaban nunha profunda obsolescencia e que se está a investir importantes esforzos en modernizar e actualizar ferramentas que permiten unha xestión máis eficaz e eficiente, un aforro de tempo e custos e ofrecen maior comodidade á cidadanía ademais de avanzar cara unha vila máis sostible evitando desprazamentos innecesarios.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.