Ponteareas | A concellaría de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil de doazón de sangue estará de novo en Ponteareas os vindeiros luns 28 e martes 29 de xuño.
“En horario de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas”
O autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
.É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.
Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, “polo que a nosa colaboración é fundamental. Con tan só uns minutos do noso tempo estaremos axudando a moitas persoas que dependen de nós”, salientou Fernández Davila.