Ponteareas, único Concello galego en conseguir o programa Xuventude Mentoring na empresa

12 mozas e mozos terán estadías remuneradas en empresas da comarca

Ponteareas | O Concello de Ponteareas consegue por segundo ano consecutivo ser o único concello galego en conseguir o Programa Xuventude Mentoring na Empresa. Un programa de promoción da inserción laboral que dará oportunidade a 12 mozas e mozos inscritos no Sistema nacional degarantía xuvenil.

A alcaldesa, Nava Castro, agradece á Consellería de Cultura, Xuventude e Lingua, este novo apoio que facilitará as estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas,vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.

A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

Explica a concelleiro de Emprendemento, Silvia Fdez. Táboas, que este programa permite potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.

A edil adianta que a Consellería apoio o Concello coa aportación de 100.000€ que “permite que 12 mozas e mozos se acheguen á realidade empresarial e melloren a súa autonomía persoal, ademais de crear oportunidades de emprego xuvenil”.

Pola súa banda Cristian Montes, edil de Xuventude, sinala que este apoio promove a captación e retención de talento en sectores económicos clave e supón un compromiso firme no apoio á xuventude como tamén o é o feito de conseguir o primeiro programa de emprego “Compromiso Xuvenil” no que, segundo explica Fdez Táboas, vinte mozas e mozos se forman de xeito remunerado nas modadalidade de dinamización turística e sociocultural.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.