O Porriño | Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.
Primeiramente os escolares, acompañados de profesores e titores, realizaron a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade que partiu e reamtou desde a praza do Concello despois dun percorrido polas rúas de Porriño. Ó remate tivo lugar a lectura dun manifesto a cargo de alumnas do centro “Aceesca”.
A continuación o deportista Simón Gónzalez Salgado que fora campeón mundial de kickboxing na modalidade de Full Contact en trece ocasións e que desde 2014 está en cadeira de rodas a causa dun accidente doméstico, dirixuse ós presentes pedindo que siga a toma de conciencia sobre discapacidade funcional e que a sociedade traballe en aras á plena integración
Tamén realizouse un concurso de paraaugas customizados por diferentes colexios do entorno, actividade enmarcada dentro da campaña #BaixooMesmoParaugas. Un xurado formado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e persoal de “Aceesca” elixiu os tres mellores resultado gañador o confeccionado polo Colexio Hermanos Quiroga.
E por último realizouse, por dúas veces, un “Flash Mob” entre todos os presentes.