Xa van aló un montón de anos dende que os políticos visitaron as terras onde se pretende instalar a chamado Porto Seco para facerse a foto e vendelo como un logro de dimensións xigantescas. O chamado Porto Seco estaba chamado a ser a solución a todos os problemas da bisbarra do Condado/Paradanta, sobre todo, e das terras colindantes tamén. Os alcaldes afectados (beneficiados) por tan importante instalación industrial venderon a pelda raposa antes de cazala. A día de hoxe a P.L.I.S.A.N., como tamén é coñecida, está nestes momentos en stamby a espera de tempos mellores.
Polo cmiño quedan moitas víctimas do seu propio egoismo. Alcaldes que se meteron en fonduras coa esperanza de que o Porto Seco xerara ingresos suficientes para manter instalacións propias dunha grande cidade; promotores que viron no despegue descomunal de Salvaterra (en As Neves foron máis prudentes) a ocasión de facerse ricos. Algúns si se fixeropn ricos especulando coas vivendas, nos primeiros anos; outros quedaron empeñados ata as orellas nos últimos anos. Hoxe Salvaterra presenta unha triste imáxe coas guindastres a punto de enferruxarse e cos edificios a medio construir. ¡¡ Quen o diria anos atrás!!
Pero o Porto Seco trouxo ainda máis novidades. A expropiación dos terreos precisos foron motivo de árduas negociacións entre os propietarios e a Administración. Os primeiros tratando de defender os seus lexítimos intereses; a Administración, coma sempre fai nestes casos, tratandop de furtar o máis posible tales intereses.
As cousas así, é hoxe o dia en que terá que ser o Tribunal Supremo quen diga a última palabra sobre os dereitos mineiros que non foran contemplados nunha primeira avaliación. Dereitos que no goberno bipartito (PSOE-BNG) si foron contemplados e a punto de ser aboados. Serian dúas patas de mesa (Zona Franca e Autoridade Portuaria, de Vigo) quen se negaron a recoñecer tales dereitos. Pola banda da titular da Conselleria de Vivenda e Solo, Teresa Táboas (BNG), sempre se entendeu que os afectados debian cobrar polos recursos mineiros devanditos. Non sempre lle foi recoñecido pola Plataforma de Afectados. Hoxe, anos despois, penso que xa cairon da burra e se decataron quen foi quen neste longo proceso. O malo é que Teresa Táboas foi apeada do goberno, tal vez coa axuda dalgúns dos afectados, e nestes momentos o problema está enquistado. A xunta faise o tolo e os outros responsables esperan ao dictame do Tribunal Supremo. Como se di “que largo mo fiades, D. Juán”, dixo dona Inés.