Norte de Portugal | A partir de xaneiro de 2025 poderá circularse de xeito gratuíto polas autoestradas portuguesas ata Porto. A proposta dos socialistas portugueses (PS) de eliminar as peaxes en ata sete autovías que conectan con Galicia, entre elas a A-28 que conecta Tui con Porto pasando por Viana do Castelo, foi aprobado este 2 de maio polo goberno conservador de Luis Montenegro.
O Bloco de Esquerdas, Partido Comunista e incluso a extrema dereita de Chega! apoiaron tamén esta medida. O custe da operación será de 157 millóns de euros. Tamén serán gratuítas a A24 que conecta Viseu coa fronteira Chaves.Verín e as autovías A4, A13, A22, A23 e A25.
Lisboa adoptou en 2010 o cobra das peaxes nas vías denominadas SCUT (Sen Custe para o Usuario), en plena crise financeira en Portugal e baixo un clima de forte contestación social. O PS sempre amosou a súa oposición a esta medida que, no caso do Norte de Portugal con Galicia, implica un fluxo constante de transportes e viaxantes.