Posta a punto das Escolas Infantís mosenses

Coa supervisión dos traballos realizados nas tres escolas

Mos | O tenente de alcaldesa de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron esta mañá as Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar os traballos de posta a punto de cara ao inicio do curso o mes que vén.

As 3 Escolas están a ser obxecto de melloras de cara ao novo curso 2023-2024. Melloras realizadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo propio Concello.

Durante todo este mes de agosto, tempo no que as instalacións atópanse pechadas por vacacións, aprovéitase para realizar traballos de limpeza, mantemento e mellora; tanto no interior como nas zonas exteriores e xardíns. Nas tres escolas realizouse unha importante inversión, contando cunha subvención total de 30.178,13 euros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Estas obras de optimización consistiron na substitución do caucho por céspede artificial na Escola Infantil da Veigadaña, a petición dos membros da ANPA e dos pais e nais de alumnos/as en xeral; e agora instalaranse toldos en todas as ventás para previr e paliar as altas temperaturas nas aulas do edificio durante os días de calor.

Na Escola Infantil da Porteliña, instalación de novos módulos de xogos no xardín e mellora dos sistemas de seguridade. E na Escola Infantil de Cototorrón, pintado interior das dependencias.

Así mesmo, por outra banda, nos interiores, realízanse labores común nas tres Escolas Infantís de revisión e reparación ou substitución, se procede, de luminarias e reparacións de fontanería e renovación de grifería.

Agora mesmo hai 70 nenos/as matriculados na Escola Infantil da Veigadaña, 41 nenos/as matriculados en Cotorrón e 41 en Porteliña. En total comezarán o curso o vindeiro setembro 152 cativos/as.

Tómbola Solidaria contra o Cancro
A AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Mos, organiza a súa tradicional Tómbola Solidaria, que se celebrará nos exteriores do Pazo de Mos, o vindeiro 16 de setembro ao longo de todo o día.

A actividade contará ademáis con diferentes actuacións de artistas locáis, que de xeito desinteresado colaboran con esta causa.

Programa:
11:00 h Misa en recordo de Magdalena Domínguez, presidenta da xunta local de Mos da AECC e de todos os enfermos. (Igrexa Santa Eulalia de Mos).

12:00 h Sesión vermut amenizado pola charanga Sacacorchos.

17:00 h O Mago Marco

18:00 h Generación M

19:00 h Voces de Arrieiro

20:00 h DesfilaMos (organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos).

Ao longo de todo o día estará instalado un inchable gratuito no que todos os cativos e cativas poderán gozar.