Arbo/PPdeG | O Pleno municipal na sesión ordinaria celebrada o 27 de setembro de 2021, aprobaba cos votos a favor do PP e a abstención dos concelleiros de Agrelar a moción presentada polo Grupo do Partido Popular de Arbo, para mellorar a Sanidade.
No medio da loita por preservar unha saúde rural digna, o concello de Arbo tamén se fixo eco deste problema e foi o grupo municipal do Partido Popular quen presentou unha moción pola saúde. O principal obxectivo é garantir unha atención de saúde rural de calidade e local.
Por toda a preocupación xerada o Partido popular de Arbo presentaba unha moción ao Pleno do Concello que foi aprobada cos votos a favor do grupo do goberno do PP e a abstención do grupo de Goberno Agrelar, donde se solicita ao Goberno de España unha habilitación, de forma extraordinaria, dos centros de saúde necesarios para que teñan a consideración de centros acreditados para a formación, así como aos profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria precisos para que poidan actuar como titores na formación de residentes, a convocatoria extraordinaria de prazas MIR que permita incorporar mais profesionais ao noso sistema sanitario e resolver o déficit de médicos en primaria e á Xunta de Galicia que cubra a totalidade desas prazas acreditadas e financie o 100% destas prazas con cargo aos seus orzamentos.
No ano 2017, o ‘Estudo sobre Demografía Médica’ elaborado pola Organización Médica Colexial e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Medicina arroxaba unhas conclusións contundentes.
Froito desas advertencias, reiteradas por parte de organizacións profesionais e xestores sanitarios, o Goberno de España creou un grupo de traballo sobre déficit de profesionais cuxas conclusións se expuxeron ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a comezos do 2018. Como resultado este estudo, o pleno do Consello Interterritorial do 24 de abril de 2018 adoptou diversos acordos que ata o momento non foron cumpridos
Galicia solicitou reiteradamente en todos os foros institucionais en materia de Función Publica a eliminación das taxas de reposición, porque son o factor que determinou a situación de alta temporalidade no emprego público, a estas solicitude tamén quere sumarse o Concello de Arbo.
Nese escenario, a combinación da escaseza de novos especialistas incorporados mediante formación especializada coa limitación da dotación de prazas derivada dos límites nas taxas de reposición provocan unha carencia de persoal médico especialista dispoñible que dificulta de xeito moi notable, no inmediato, o reforzo de prazas e a cobertura de substitucións ou vacacións….Un malestar que os veciños e veciñas de Arbo, teñen trasladado ao equipo de goberno de Arbo
Asemesmo na moción aprobada e que xa foi remitida ao goberno, tamén se solicitou que o goberno cumpra os acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de abril do ano 2018 relativos ás reformas estruturais precisas para flexibilizar e axilizar o procedemento de acreditación de unidades docentes e os seus requisitos, permitindo a formación anual de máis profesionais especialistas e c os acordos do Pleno do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galicia sobre a necesaria eliminación das limitacións impostas para as taxas de reposición de efectivos nos sistemas sanitarios públicos autonómicos.