Mos/PPdeG | O grupo de goberno local mosense do Partido Popular presentou hoxe por urxencia unha moción de apoio ao Grupo Copo e demais empresas do polígono de Monte Faquiña que foi aprobada por maioría e contando cos votos en contra do PSOE e a decisión de non votar a moción por parte do BNG.
Coa aprobación deta moción acórdase o total rexeitamento do abusivo incremento do canon imposto as empresas ubicadas no polígono de Monte Faquiña, parroquia de Tameiga, por parte directiva da Comunidade de Montes de Tameiga.
E apóiase con toda contundencia ás empresas afectadas, aos traballadores, e, en consecuencia, á economía, emprego e progreso do Concello de Mos.
Durante a sesión plenaria ordinaria celebrada esta mañá estiveron presentes varios representantes das empresas afectadas polo canon da Comunidade de Montes: Beatriz Ucha, presidenta da Plataforma de Afectados, Juan Lumbreras, tesoureiro, Manolo Ferreira, membro da Plataforma e CEO de Redphone, e Francisco Fernández Blanco, en representación de Blanco Quintas, empresa membro da Plataforma.
Tras a publicación na prensa da lamentable noticia sobre os plans dunha gran empresa mosense como e o Grupo Copo, empresa con unha gran historia en Mos, ubicada en Monte Faquiña, e que deu e da emprego a varias xeracións de veciños de Tameiga e demais parroquias mosenses, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e os membros do goberno local, deciden posicionarse rotundamente en apoio aos afectados.
A afectada é unha empresa asentada en Mos, parroquia de Tameiga, dende o ano 1969 e que dá emprego directo a 400 persoas, e moitas máis de forma indirecta, un referente en Mos e en toda a área metropolitana de Vigo.
O seu asentamento en Mos, foi en terreos naquel entón municipais, pagando un canon anual polo uso dos mesmos e renovándose en cada vencemento do prazo polos diferentes gobernos municipais ao longo dos anos.
Os terreos donde está asentada, por sentencia xudicial, pasaron a ser propiedade da Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga ao igual que diferentes parcelas do polígono de Monte Faquiña, onde están asentadas empresas como Redphone Galicia, Telenet Central Loxística, Distribucións Alonso Otero, Blanco Quintas, Autocares García, etc.
Chegada a nova renovación do canon a directiva da Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga pretende multiplicar por 15 o canon das súas parcelas, no caso do Grupo Copo terá que pasar de pagar de 40.000 € a 800.000 euros anuais, pasando a ser un canon abusivo que só vai conseguir a deslocalización das empresas afectadas.
Dende o Grupo Popular do Concello de Mos ése consciente da importancia do asentamento das empresas nun concello, que xera emprego e riqueza, e dicir, mellora cuantitativamente e cualitativamente a calidade de vida dos veciños e veciñas, sendo Mos o cuarto concello da provincia a nivel industrial. De ahí o rexeitamento, a través da aprobación desta moción, da actitude da directiva da Comunidade de Montes de Tameiga polo incremento abusivo do canon imposto ás empresas ubicadas en Monte Faquiña que tanto perxuízo provoca ao concello de Mos e á parroquia Tameiga en particular, porque a decisión tomada pola directiva da Comunidade non é a decisión dos mosenses nin tampouco a decisión dos veciños de Tameiga.