Ponteareas/PPdeG/ACiP | As eleccións do pasado 28 de maio deixaron un reparto de concelleiros entre distintas forzas políticas no noso Concello sen que ningunha delas conseguira a maioría absoluta.
Así, o Partido Popular de Ponteareas e Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), despois de distintas reunións de traballo e ante as necesidades dos veciños e veciñas da vila, chegan a un acordo de goberno para dar estabilidade ao Concello.
Froito deste acordo, as partes pactan un goberno de coalición para afrontar o que resta de mandato 2023 – 2027 coas garantías e a estabilidade necesaria.
A composición dos principais órganos de réxime interno do Concello e Ponteareas desde a data da sinatura será a que a continuación se detalla:
Alcaldía: Será presidida pola actual Alcaldesa do Partido Popular.
Tenentes de Alcalde: 1º Tenencia e 3º Tenencia para Alternativa Ciudadana de Ponteareas 2º Tenencia e 4ª para o Partido Popular
Xunta de Goberno: Estará composta por sete membros, catro do Partido Popular e tres de Alternativa Ciudadana de Ponteareas.
Dedicacións Exclusivas: Partido Popular: Alcaldía, 3 dedicacións completas e unha parcial
Alternativa Ciudadana de Ponteareas: 1 dedicación completa e 3 parciais (unha de las poderá ser ocupada por persoal de confianza).
Concellerías do Goberno Municipal: Partido Popular: Concellería de Medio Ambiente, Urbanismo, Axenda 2030, Emprendemento, Innovación e Desenvolvemento Empresarial – Concellería de Benestar Social, Igualdade, Saúde, Consumo e Colectivos LGTBIQ+ – Concellería de Comercio, Ensino e Letras nas aulas – Concellería de Facenda, Réxime interior, Proximidade cidadá, Recursos Humanos, Modernización Tecnolóxica e Comunicación Institucional, – Concellería de Residuos Sólidos Urbanos, e Limpeza Viaria – Concellería de Xuventude e Voluntariado – Concellería de Desbroces, Parques e Xardíns
PSOE: “ACiP quitouse a careta”
Mediante comunicado, o PSOE de Ponteareas fixou posición sobre o novo pacto de goberno PP-ACiP.
“Tras anos intentando distanciarse dos Castro, Juan Carlos Carrera, firma un acordo con Nava Castro para formar parte do goberno municipal de Ponteareas. Pleno tras pleno ACIP postulábase como alternativa, non se sabía moi ben se de dereitas ou de esquerdas, pero lonxe dos partidos con representación en Galicia e en Madrid. Juan Carlos sempre avogou por representar a un partido que solo miraba por Ponteareas e as súas xentes e que non acababa de decantarse por ou por outro lado da balanza. Ata hoxe.
Por fin Juan Carlos Carrera saca a careta e amosa claramente qué ideoloxía defende, deixando desconcertados a moitos votantes que mercaron o seu discurso de defender aos veciños e veciñas contra todos e todas. ACIP destapa hoxe o seu falso cambio de rumbo de cando era UCPA e estaba a ordes dos Castro. Novamente, Juan Carlos e o seu partido volven a poñerse baixo o mando dos Castro e pechan filas co Partido Popular. Ponteareas ten enriba da mesa moitos asuntos pendentes que requiren soamente dúas opcións, ou avanzar ou retroceder. Novo centro de saúde, Rehabilitación da Nave de Aceros, Centro Cívico ou Centro de dinamización son proxectos claves para que Ponteareas continúe crecendo como o fixo nos últimos 8 anos, ou retroceda como o leva feito nos últimos 4 meses. Agora xa todos os veciños e veciñas teñen claro que Juan Carlos e ACIP apostan por unha Ponteareas como fai 40 anos, á sombra dos Castro”.