Ponteareas/PP | O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno local non retirase da orde do día a contratación do servizo de Axuda no Fogar para aumentar o número de horas que contén o actual expediente de licitación e contratación, ata como mínimo as 87.750 horas anuais que subvenciona a Xunta.
“Solicitamos a súa retirada para mellorar o servizo. Xa que non se solventa o situación de colas de espera actuáis das persoas dependentes. Ese é o problema. A Xunta aumentou un 65% as horas que subvenciona, precisamente para que se poidese atender toda a lista de espera. Aínda así, votamos a favor do punto xa que polo menos agora haberá un contrato regular. Non como ata agora, que o goberno tiña dende fai tres anos un contrato prorrogado irregularmente a unha empresa privada, sen pregos e sen concurso público”, explican os populares.
Os populares explican así a súa votación a favor “estamos de acordo xa que era unha demanda nosa que o servizo de axuda no fogar fora regularizado, despois tamén de que o Tribunal de Contratación o tirase atrás por irregularidades noutros expedientes que iniciaron. Máis non compartimos o número de horas que vai prestarse, por que iso non solventará as colas de espera actuais con mais de cen persoas e porque Ponteareas perderá as horas subvencionadas que non utilice”.
É lamentable que Ponteareas teña un goberno irresponsable e falto de sensibilidade, que é capaz de pagar a unha empresa privada un 40% mais polo mesmo traballo, pero non é capaz de aportar tres euros por hora máis, ata cubrir a demanda total que hai, que lle suporía ao Concello 100.000 euros ao ano. “Só con eliminar os gastos en asesores ou a propaganda e publicidade xa terían os cartos”.
O PP apoiou este expediente porque non podemos quedar sen un servicio esencial como este, pero criticamos ao goberno local o pouco esforzo que fan por tantas familias que necesitan a axuda a domicilio.