Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP lamenta a posición en contra que tivo o bipartito en relación á moción presentada polo populares que instaba o Goberno de España a sacar un MIR Extraordinario que posibilitase a ampliación de prazas de médicos e enfermeiros en Galicia.
“Queren unha mellor atención pero votan en contra das melloras que son necesarias para a mesma. Se non se poden contratar máis médicos e enfermeiros non poderemos aliviar as listas de espera nin mellorar a atención sanitaria. Interésalles que as cousas vaian mal para poder saír coa pancarta”, lamentan os populares.
Aumentar o número de profesionais no sistema sanitario e resolver o déficit de médicos en primaria está en mans do Goberno do Estado, e só cando o fagan poderá a Xunta de Galicia cubrir a totalidade das prazas que se demandan nos centros de saúde.
Outra das medidas que propoñía o PP e que o bipartito votou en contra era esixir ao Goberno de España que cumprise co acordo de eliminar as limitacións impostas para as taxas de reposición de efectivos nos sistemas sanitarios públicos autonómicos.