Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP preguntará ao edil Roberto Mera e ao bipartito polas recentes pintadas realizadas nalgunhas rúas do centro urbano que están a xerar moitos comentarios negativos entre veciños e comerciantes da zona.
“Os veciños están atónitos con esta chapuzada. Non saben se é unha broma de mal gusto ou se isto vaise a quedar así definitivo. Desde logo o PP non ten coñecemento destas decoracións e non as vai a apoiar, non só porque contribuirían ao feísmo do pobo senón porque confunden aos viandantes e condutores”, comentou a voceira do PP de Ponteareas, Belén Villar.
“Dubidamos moito que cumpran coas normas de seguridade e normativa viaria. Como sempre o Bipartito dando a nota. Teñen aínda a Praza Bugallal sen terminar e xa están a xerar problemas noutros viais próximos con estas ocorrencias”.
O Grupo Municipal do PP solicitará respostas en relación a estas pintadas e velará para que se cumpre a sensatez. “Estamos a pedir aos nosos veciños que sexan cívicos, que respecten as normas, o mobiliario urbano, que non se fagan pintadas no noso pobo e vai o bipartito e pon as vías do centro urbano coma se fose vandalismo en lugar de señalética”.