PP Ponteareas denuncia a falta de información sobre as contratacións do concello

Ponteareas/PP | No Pleno ordinario do mes de abril se debateu entre outras unha Moción do Partido Popular na que se solicitaba crear unha Comisión de Seguimento para que o Alcalde e o Concelleiro de Facenda nos faciliten ós grupos da oposición información e datos relativos as diferentes contratacións externas que veñen efectuando no Concello dende fai meses e que non existían ata agora.

Dende o grupo municipal do PP vímonos na obriga de solicitar que se cree esta Comisión para que dunha vez por todas o Alcalde nos facilite a información que nos nega dende fai meses, e que a pesar de serlle solicitada por escrito en diversas ocasións e a pesares de ter dereito por Lei á mesma non nos da.

contratacións

 

O Alcalde xunto co resto do Goberno votaron en contra da creación desta Comisión de Seguimento, xustificando o Sr Alcalde que todo estaba a nosa disposición e que estábamos dificultando e entorpecendo o traballo dos funcionarios con esta petición, cando isto non é así, pois neste caso os datos que se piden saen directamente da contabilidade sen necesidade de facer ningún tipo de informe técnico, e calquera traballador do departamento da intervención podería imprimir os mesmos en poucos minutos, o que pasa que non hai vontade de facilitar esta información os concelleiros da oposición e o Alcalde busca calquera desculpa.

Coa postura adoptada en contra, unha vez mais quedou en evidencia un Alcalde e un Goberno que practican o ocultismo e que están lonxe de ser “transparentes”, a pesares que din estar a favor da participación cidadá, todo é mentira e unha “pantalla”, pois a quen primeiro deberían ofrecer a información é os grupos que están na oposición para que poidan facer o seu traballo de control e fiscalización, tal e como fixa a Lei, e neste caso non facilitan o que se lles solicita e non contan coa nosa opinión nin participación para nada.

Finalmente a constitución da Comisión de Seguimento saiu adiante cos votos da oposición, e o Alcalde ten a obriga de convocala nos próximos 15 días. Nesta Comisión de Seguimento o Goberno deberá facilitar a todos os grupos da oposición datos das empresas coas que están contratando servizos que antes non existían, como elaboración de estudos, plans de dinamización comercial, asesoramento xurídico-administrativo, mantemento eléctrico, desbroces, mantemento de colexios, limpeza, programación cultural, parques e o mantemento das estradas da rede viaria municipal, entre outros. Todo isto co fin de analizar e dictaminar nesa Comisión se esta é a mellor xestión para o noso Concello, tamén se estes contratos se están facendo correctamente e cumpren coa publicidade necesaria para que oferte calquera empresa e si este Concello, que non ten cartos segundo o Goberno, pode asumir os custes de contratar externamente todos estes servizos.