Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno bipartito gástese o diñeiro público en renders de instalacións socioculturais cando teñen as actuais en total deterioración.
“Hai uns días denunciamos o abandono do campo municipal de Pardellas pero o estado do Auditorio municipal é moito máis preocupante. Cun risco de derrubamento do teito, advertido polos técnicos, non se han dignado a facer ningún tipo de reforma nin buscar solución. Decidiron pechalo baixo sete chaves ata que suceda o previsible ou calquera desgraza”, lamentan os populares.
Por outra banda, o PP lémbralle ao Bipartito que a parroquia de Pías leva anos esperando polo centro cultural que tanto lles prometeron “Gastáronse o diñeiro nunha casa ruinosa para facer o centro cultural de Pías, desde o PP opuxémonos á compra desta casa por considerar que había outras opcións de edificacións na parroquia que non se tiveron en conta, que era un endebedamento innecesario e que non incluía a reforma da mesma e o tempo deunos a razón.
Despois de cinco anos os veciños de Pías seguen sen centro cultural porque o Concello, endebedado ata as cellas, con 14 millóns de euros na actualidade, non é capaz de asignar partida orzamentaria suficiente que poida cubrir os gastos que supoñen reformar esa casa que foi comprada totalmente en ruínas. Son uns nefastos xestores”.