Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP esixe rigor e celeridade para a procura da mellor localización para o Centro de Saúde de Ponteareas que a Xunta de Galicia quere construír na vila do Tea.
Os populares consideran un despropósito a actitude do bipartito que cada día espértase cunha nova ocorrencia e que non está a facer as tarefas encomendadas. “Seguimos sen recibir os informes técnicos, que solicitamos, de cada parcela. Cada unha das localizacións comentadas na comisión municipal foron cambiadas, sen aviso previo, na visita dos técnicos da Xunta ao municipio. Á Xunta nunca se lle ofertou a parcela de Aceros do Tea polo que é mentira que a descartaran”.
O PP esixe unha aclaración ao PSOE que por unha banda se compromete cos veciños para facer unha “consulta popular” e por outra, a través do seu representante no Concello pecha, mediante unha foto, unha suposta localización definitiva que non consultaron nin cos grupos da oposición nin cos veciños, como eles mesmos prometeron.
“Non entendemos esta duplicidade de propostas, é un sen sentido e non sabemos se se debe a pelexas internas ou a falta de comunicación. O PSOE local empapelou o pobo coa localización en Aceros Tea, prometeu unha consulta ao pobo e de súpeto, dúas semanas despois espertámonos cunha “ maquetita” de que nesa parcela farase un centro socio cultural mentres que moitas das instalacións municipais actuais caen a cachos”.