Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP denuncia que o bipartito se négase a facilitar información á oposición e veciños en relación ao estado da Freixa, que leva semanas cunha sinalización que desaconsella o baño pola contaminación das súas augas.
Os populares, que xa solicitaron un informe o 14 de xullo, aproveitaron o pleno para reiterar as súas dúbidas pero a alcaldesa afirmou que se “lles contestaría por escrito”.
“Queremos coñecer que informes teñen e de que datas para tomar a decisión de colocar eses carteis que desaconsellan o baño na Freixa. En relación á súa localización tamén preguntamos porqué non están á entrada da praia fluvial, perfectamente visibles para veciños e turistas, como seria o lóxico. O noso obxectivo é salvar esta tempada de verán polo que tamén lles solicitamos un informe que reflicta as actuacións que se realizaron alí nas últimas semanas para liquidar estes problemas, aínda que moito nos tememos que se cruzaron de brazos”.
Os populares consideran que ten que actuarse xa na zona e polo momento, no caso de que as áreas habituais de baño que frecuentan os bañistas non sexan aptas, debe sinalizarse en condicións para evitar problemas de saúde aos que descoñecen o estado da Freixa.