Ponteareas/PPdeG | O Partido Popular de Ponteareas presentará unha serie de mocións no Pleno Ordinario Municipal previsto para este 25 de xaneiro, destacando diversos asuntos a tratar.
Entre eles están a moción para que se rebaixe o recibo lo Lixo aos veciños, que solicitan por segunda vez nun pleno, sendo a primeira en abril de 2021 e o BNG-PSOE votaron en contra, e agora tiveron que devolver mais de 60.000€, cartos que SOGAMA lles subvencionou coa condicion de trasladar esa axuda aos veciños reducindo o 10% o recibo do lixo, cousa que non fixeron e foron condenados polos Tribunais. Que os concelleiros do BNG-PSOE paguen dos seus bolsillos os intereses de demora.
Entre outras mocións, destacan a do BNG sobre a Sanidade pública, a presentada pola Plataforma N120, que solicita a dimision da Subdelegada do Goberno por “faltar á verdade” e “enganar aos veciños”.
Tamén están os rogos e preguntas cara o goberno municipal, como o de iniciar o proxecto de reforma da Escola Infantil , que ten aprobado fai 3 anos, para así recuperar as 29 prazas de nena/os que BNG-PSOE pecharon este curso, obrigando aos pais a acudir a escolas privadas; conectar ao saneamento vivendas no barrio de A Moscadeira; reparación do buraco na carretera de Guillade (B°Pontexil); o rogo á ACI para ampliar rede abastecemento en San Mateo.
Tamén está a solicitude dun carga/descarga de mercancías pesadas para un negocio na rúa Fermín Bouza Brey, dunha muller emprendedora que reclama unha resposta dende fai cinco meses; os contratos da Risga , porque o goberno aínda non os ampliou a xornada completa, tal e como se comprometeron no Pleno de decembro.
Finalmente está a petición de comparecencia da Alcaldesa Cristina Fernández Davila para que explique en que situacion está o proxecto de construción nun novo vial entre o parque de As Pombas e a N120, que cruza ra úTrobador Xoan García de Guillade a altura do IES Pedra da Auga, que presentou o bipartito no ano 2019 e que está no PXOM.