Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP mantivo unha reunión co novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para facer balance das melloras xa realizadas e das que aínda están pendentes en relación á listaxe que os populares entregáronlle cando era responsable da área Sanitaria de Vigo, na cal se atopa o municipio de Ponteareas.
Villar agradece o diálogo co novo conselleiro, que sempre, en todas as responsabilidades exercidas, mostrou interese en abordar e solucionar o problema existente en relación ao estado do Centro de Saúde de Ponteareas.
“De todos os puntos que abordamos en reunións anteriores, nas que presidía a consellería Vázquez Almuíña, xa se solucionaron varios problemas. Ampliouse o persoal, creándose novas prazas e ampliando horarios. Realizáronse melloras no Centro de Saúde, que está bastante deteriorado debido ao paso dos anos. En definitiva, realizáronse melloras, dentro das actuacións que pode realizar a consellería, dotando ao centro de persoal e evitando máis danos no edificio. Aínda así tanto o noso Grupo Municipal como os responsables da consellería coincidimos en que debemos tomar decisións a medio prazo en relación ao actual Centro de Saúde”.
“O Grupo Municipal seguirá mantendo reunións para achegar solucións a curto e medio prazo que permitan mellorar a asistencia sanitaria no municipio”
O Grupo Municipal seguirá mantendo reunións para achegar solucións a curto e medio prazo que permitan mellorar a asistencia sanitaria no municipio. “Imos estudar as posibilidades existentes, reais , e a partir de aí establecer unha folla de roteiro na que a consellería de Sanidade poida actuar e se debemos esixir ao Concello que poña os mecanismos e ferramentas necesarias, farémolo. Por exemplo actualmente creouse un problema de acceso ao centro coa eliminación de prazas de aparcamento, que antes non existía, son cuestións que debemos abordar entre todos”.