Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal de o PP solicitará ao Pleno, unha vez máis, que se realice un estudo económico financeiro en relación á prestación do servizo de abastecemento da auga e depuración de augas residuais no Concello de Ponteareas.
Os populares queren que BNG-PSOE, que sempre defenderon a municipalización do servizo e motivo polo que protagonizaron grandes protestas contra Gobernos anteriores, estuden que fórmula é máis rendible e factible para o Concello de Ponteareas e para os intereses dos veciños.
“Non se pode estar 15 anos falando da municipalización da auga e cando toca renovar o contrato facer o contrario. Polo menos que o estuden ou que nos expliquen porqué agora si se privatiza o servizo, como sempre defendeu o PP, e non se municipaliza como esixían en 2015 e todos os anos anteriores cando aínda non eran Goberno”.
“A que se debe este cambio de criterio se tiñan tan claro que a municipalización do servizo era o mellor para o noso municipio?”, pregúntanse desde o PP.