Ponteareas/PPdeG | O Grupo Municipal do PP solicita a creación dunha mesa de diálogo para debater e acordar a posible localización do novo centro de Saúde que a Xunta de Galicia comprometeu para Ponteareas.
“Nun servizo que se vai instalar aí e que vai condicionar a atención sanitaria da menos os próximos 50 anos, non podemos cometer os mesmos erros de outrora. Debemos situalo nun lugar no que se garantan as comodidades, a accesibilidade, o aparcamento, o futuro crecemento posible da instalación e outras cuestións de proximidade que poidan ser interesantes ter en conta dado que ofrece servizo á comarca do Condado-Paradanta”.
O PP solicita por tanto diálogo, para entre todos os representantes políticos e sociais, debater cal sería o mellor emprazamento para este novo servizo que acaba de comunicar a Consellería de Sanidade.