Tomiño/PPdeG | Durante o ano 2022 o goberno autonómico realizou un investimento total de 3.059.011 euros en proxectos recentes e en execución, aos que se podería engadir proximamente a partida destinada ao polígono agroforestal en Os Panascos, o cal se atopa en fase de estudo.
O pasado mes de maio a Consellería de Infraestruturas asinou un convenio para seguir asumindo a xestión da EDAR durante dous anos cun investimento de 400.000 euros. En materia educativa, acábase de concluír o cambio de luminarias do CEIP Sobrada (54.681 euros), o de carpinterías exteriores do CEIP Pintor Antonio Fernández (66.295 euros) e o de carpinterías exteriores e instalación dun ascensor no CEIP Pedro Caselles (484.000 euros).
Tamén se está redactando o proxecto de ampliación do IES Alonso Ríos (cun edificio de 1.300 m2 que terá dez novas aulas), que se prevé que comece o próximo ano cun investimento total de 1.803.035 euros. Actualmente estase desenvolvendo, ata decembro, o programa integrado de emprego “Agroemprega”, cun investimento da Xunta de 184.000 euros. Para concluír, o “Plan Marco” de mellora de camiños rurais está aprobado cunha partida de 67.000 euros.
Estas cantidades complementan os 4,2 milllones de euros investidos no últimos tres anos e os máis de 10 millóns de euros distribuídos para asociacións, empresas e comunidades de augas. En todo caso, e a pesar destas cantidades importantes que xorden do compromiso da Xunta e do PP con Tomiño, o importe podería ser moito maior, pero existe unha xestión ineficaz e unha nula capacidade de negociación por parte do goberno local en Tomiño dirixido polo BNG.