Tomiño/PPdeG | O grupo popular, liderado pola súa voceira Lara Meneses, afirma que fai máis dunha semana que solicitaron o expediente a través do rexistro de entrada pero seguen sen resposta municipal.
Os populares manifestan que é inaceptable que o Concello de Tomiño non lles permita o acceso a este expediente e pregúntanse se o BNG terá algo que esconder a maiores do que xa se sabe.
“O Concello de Tomiño ven de ser proposto para sanción polo posible emprego fraudulento de combustible bonificado nos vehículos municipais e o goberno do Bloque continúa sen ofrecer unha explicación clara e concisa sobre esta trama”, declara o Partido Popular.
“O certo é que xa nos teñen afeitos ao completo abuso de poder e ás faltas de respecto cando se lles descobren os trapos sucios. Seica Sandra González cre que está por enriba da lei e que non ten que render contas á cidadanía”, conclúen.