Presentación do cartaz Festa da Lamprea 2017

 

Arbo | O alcalde Horacio Gil, mostra a súa satisfacción polo alcance, a categoría e a participación acada nesta edición do concurso “LVII Festa da Lamprea”, donde os autores mostraron habilidades diferentes, un talento, unha creatividade e un coñecemento absoluto sobre a nosa Vila e a Raiña Lamprea.

15 foron as propostas que chegaron o Concello de Arbo de distintas partes da xeografia española, como Murcia, Castellón, As Palmas ou Tenerife, para formar parte no concurso de carteis da “LVII Festa da Lamprea”: Categoría Libre, para deseñar o cartel para “LVII Festa da Lamprea” promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio que terá lugar os día 28, 29 e 30 de abril do ano 2017.

 

Os debuxos evaluados por un xurado composto por membros de distintos sectores do noso concello, non o tiveron fácil dado que os bocetos, todos eles co tema principal a Lamprea, presentaban unha enorme destreza.