Será ás 20,15 horas na sala Felix Rodríguez
Tui | Mañá xoves 15 de marzo ás 20,15 horas terá lugar na Sala Felix Rodríguez (no edificio Área Panorámica de Tui) a presentación do último libro de Carme Adán, titulado “Cartografias do derrubo: escribir ao xornal”, editado por “Difuora de Letras, Artes e Ideas”. Esta obra é un recopilatorio de artigos sobre actualidade que escribiu Carme Adán como colaboradora dun xornal de Galicia. Neste acto de presentación participarán xunto ao autora, a escritora Marga do Val e o editor desta obra Xavier Paz.
Carme Adán, é filósofa, ensaísta, política e doutora en Filosofía pola USC. Catedrática de filosofía de ensino secundario. presidenta da Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até o 2005, e na actualidade Presidenta de honra da mesma. Autora de obras de cáracter pedagóxico e didáctico como a Autonomía e heteronomia ( 1995), Os feminismos (1995), colaboradora en obras colectivas como Estudios de lógica borrosa y sus aplicaciones, Filosofía e Xénero e Género y ciudadanía. Traductora xunto con Mª José Agra do libro Ecología y feminismo (1998). En 2003 publica Feminismo e coñecemento, da experiencia das mulleres ao ciborg, traducida ao castelán no 2006. Desde o 2005 até o 2009 foi Secretaria Xeral de Igualdade no goberno da Xunta de Galicia, e na actualidade é Vicepresidenta do Parlamento de Galicia. Carme Adán foi durante varios anos profesora no Instituto de Ensino Secundario “San Paio” de Tui, mantendo dende aquela unha estreita relación coa nosa cidade.
Esta presentación conta coa participación da Biblioteca Municipal de Tui que acolle, nunha nova oportunidade, un acto de difusión do libro como parte das súas actividades de promoción da lectura pública.