Vigo | Na presentación intervirán a prologuista do libro; Conchi Regueiro,a representante da asociación “Mulleres Progresistas” e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía edicións. As autoras, as verdadeiras protagonistas do recompilatorio, terán unha breve intervención para falar do seu relato ou ler un parágrafo deste.
O Premio de relatos Mulleres Progresistas convocouse por vez primeira no ano 2006, substituíndo o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres. E nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e voces e de maior poder de convocatoria para todas aquelas que algunha vez pensaron en contar algunha historia en negro sobre branco.
“No Centro de Documentación e Recursos Feministas presenta o xoves, 23 de febreiro ás 19:00 horas o libro “Obras breves de imaxinación” premios de relatos “Mulleres Progresistas” 2007-2011″
O resultado final e concreto é este recompilatorio: quince pezas breves dun total de once autoras entre gañadoras, finalistas e mencións especiais do I, II, III e IV premios. Relatos que veñen amosarnos a riqueza temática e de estilos da narrativa galega escrita por mulleres, pero, sobre todo, que dan forma e corpo a un entusiasmo compartido.