Ourense | O vindeiro mércores 11 de maio presentarase no Liceo de Ourense o libro “En el Barrio me llaman Chino” de Alberto Fernández Diz. O autor é un ourensan nacido no barrio de Barrocáns, dúas veces campión galego e unha de España de Boxeo e ex toxicómano.
Neste libro a maior parte autobiográfico, o autor ispese ante os lectores, presentando a dureza da vida cando as adiciáns ás drogas toman o control, como un deportista de elite que practica deporte varios entre eles o surf o futbol, mestre en disciplinas deportivas, pode verse arrastrado polo mundo máis escuro e tamén a loita para sair del.
A “Andrómena Senlleira” foi a editorial encargada da súa edición. Conta coas colaboracións de Carlos Conde, “Premio ao espiritu deportivo, lenda do deporte ourensan”, entre moitos outros recoñecementos, limiarista do libro. Avelino Jácome Dobarro, de Orixe Comunicación encargado da maquetaxe e asesor lingüístico da obra. Miguel Ángel Martínez Coello, pintor, escultor e escritor autor do epilogo e encargado das portadas da obra.
Avelino Jácome Iglesias editor e escritor, encargado da edición, e autor xunto con Carlos dos limiares. “Alguns libros son coma berros, coma puñazos ao corazón, este libro conta unha historia en cada frase, un desastre en cada golpe, máis tamén é un arco da vella no ceo despois dunha tronada invitando a esperanza,” dí Jácome.