Presentación en Ourense do libro “En el barrio me llaman chino”

O seu autor é Alberto Fernández Diz

Ourense | Con gran éxito de público (preto de un cento de persoas) presentouse no Liceo de Ourense, o libro de Alberto Fernández Diz, “En el Barrio me llaman Chino” editado pola editorial Andrómen Senlleira pertencente a empresa Orixe Publicidade e Comunicación.

Na presentación interviron pola editora Avelino Jácome, autor dun dos limiares da obra, Miguel Ángel Martínez Coello, ilustrador da portada e autor do epilogo, Mario Conde amigo, entrenador e limiarista do libro.

“O libro e un berro contra as adicións desta sociedade, un canto a esperanza e un exemplo de loita e superación” nas verbas de Avelino.

Conde destacou a faceta de gran deportista do Chino que moitas veces se veu obscurecida, por outras circunstancias alleas o deporte, pero que non resta ningún mérito aos seus logros.

Coello falou da hipocrisía dunha sociedade que valora máis as apariencias que as realidades.

O autor emocionou a todo o público coa suas verbas, dirixidas a: “todos os que me axudaron nesta aventura de publicar os sentimentos máis fondos do meu corazón, e un agradecemento especial a Alcohólicos Anónimos e Narcóticos Anónimos.”.

O acto rematou co público posto en pé collidos das mans cantando o tema “Alegría” do Cirque de Soleil, como símbolo da esperanza que renace, e que se transmite neste libro.

O libro distribuirase dende Orixe Publicidade na rúa Francisco de Moure 20 no Couto, teléfono 988 60 70 75 ou no mail orixepublicidade@gmail.com ao prezo de 15€. Un euro será donado a unha institución sen ánimo de lucro, ainda por determinar.