Ourense | Presentouse un novo número da revista cultural Nós a Xente do Redor no salón noble do Liceo de Ourense, ateigado coa presenza de numeroso público. Máis de 150 persoas arrouparon aos autores, pintores, ilustradores, músicos e artistas de diferentes sensibilidades.
O acto presentado por Marina Sánchez, autora e patrocinadora do evento co seu canal en youtube, “Marina Sánchez Canal Cultura”, coa axuda de dúas alumnas do Colexio Cardenal Cisneros, baixo a dirección de Marila Abad, que contou coa presenza de distintas autoridades: Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense; Rosendo Luís Fernández, presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense; Juan Manuel Casares, presidente da C.R.D.O Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro e Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño.
O autor da portada nesta ocasión é o pintor colombiano, afincado en Lalín, Carlos Santos, que estivo acompañado por un numeroso grupo de lalinenses, entre eles Manuel Blanco Villar, director do Museo Casa do Patrón en Codeseda; Amparo Blanco, a poeta Charo Goldar; membros do grupo “Os Trasnos de Doade”, así como María Dobarro e os acordeóns de Lalín.
O acompañamento musical estivo a cargo de Antonio Barros e Maximino Míguez, de Lume na Lareira e Acordeóns de Lalín. Entre o público asistente, artistas ourensáns María do Ceo, Emilio Rúa e a recanteira Paula Ferrer entre outros.
O evento contou tomen co apoio das a asociacións ourensáns, entre elas Asociación Diabética Auria, colaboradores da revista, a Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, coa presencia da súa directora María Rita Mira Doallo e Manuel Cenlle, presidente da Asociación de Veciños Loureiro de O Couto.
Unha velada inesquecible no incomparable marco do Liceo Ourensán, coa profesionalidade do seu xerente José Luis Troitiña e o marabilloso equipo deste templo ourensán da cultura.