Presentación Feira do Requeixo e Mel das Neves

O venres 14 de abril celebrase a XXVI edición

As Neves | Presentouse no mercado municipal XXVI Festa do Requeixo e da Mel que se celebrará o venres 14, Venres Santo, e as actividades paralelas que se farán entorno a dita festa. Na presentación estivo D. Xosé M. Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, Alejandro Martínez, xerente da cooperativa Condado Paradanta e Mari Alvarez, coordinadora de actividades.

O pregón da festa este ano estará a cargo de Pepe Solla, estrela Michelín e chef de Casa Solla.

O alcalde Xosé convidou a asistir a todos xa que “ o pregón vai ser un pregón distinto que vai crear tendencia grazas a xenerosidade e a labor de Pepe Solla nos fogóns, un pregón que dará paso a degustación do requeixo e mel nas carpa situada na praza Maior do Concello”

 

O Mércores 5 será a “Cociña en directo con Requeixo e Mel” Obradoiro de cociña que imparten os cociñeiros Angel Martínez e Victor Otero do restaurante “ A Xanela Gastronómica “ en Ponteareas. Este Obradoiro será nas instalacións da EFA as 20:00 horas e para 35 persoas. Para anotarse hai que chamar ao 686978607.

O venres 7 será o quenda dos alumnos de 4 e 5 do CEIP na actividade “ Melqueixo miúdo” que se trasladarán ata as instalacións da EFA onde aprenderán a cociñar con Requeixo e mel.

O sábado 8 no mercado das Neves será un taller de elaboración de requeixo a partir das 19:00h dirixido por produtoras familiares de requeixo. Este taller ten prazas limitadas e cun custe de 10 euros. Para anotarse e mais información no teléfono 686978607.

O xoves 13 “Descubrindo Cerdeira. Orixes do requeixo e do mel” unha andaina pola parroquia onde se comenzou a elaborar requeixo e será unha ruta guiada onde participarán veciños e membros da Asoc. Sannomedio para descubrir os participantes a vida desta parroquia e o final da ruta poderase probar o requeixo e a mel.

O día da festa haberá actividades tamén para os mais pequenos, actuación de Peter Punk e durante toda a xornadas a actuación musical correrá a cargo de Ronco&Fol.

“ Invitamos a asistir tanto a festa como as actividades programadas co fin de continuar dando a coñecer non so o Requeixo senón tamén a preservar as orixes da súa elaboración. “ verbas do Alcalde animando a participación activa nas actividades.