Salceda de Caselas/PSdeG-PSOE | O PSdeG de Salceda de Caselas celebrou no día de onte, a apertura da súa nova sede. O acto contou coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra e Presidenta do PSdeG Carmela Silva e de moitas persoas militantes doutras agrupacións da provincia.
A Secretaria Xeral e alcaldesa Verónica Tourón e a súa Secretaria de Organización Ana Belén Valiño, estiveron á cabeza dos moitos e moitas militantes, simpatizantes e veciños e veciñas de Salceda que ateigaron a nova sede local nesta ocasión tan especial.
Ana Belén Valiño abriu o acto, para presentar a Presidenta da Deputación e agradecer a súa asistencia, recoñecéndoa como un exemplo do empoderamento que as mulleres deben acadar en política. Posteriormente interviron Carmela Silva e Verónica Tourón.
A Presidenta da Deputación quixo recoñecer o gran traballo realizado dende a alcaldía e o grupo municipal socialista, que mudou Salceda de forma importante nestes últimos anos, e o papel da militancia local como fundamental para conquerir os mellores resultados nas vindeiras eleccións.
Verónica Tourón pola súa parte fixo unha lembranza emocionante da laboura das mulleres e homes da agrupación con máis idade, pola súa loita durante moitos anos para finalmente acadar a alcaldía por primeira vez na historia de Salceda.
Salientou que a o Partido Socialista viu para quedarse por moitos anos máis ao fronte do goberno local co obxectivo fundamental de facer unha Salceda mellor para as persoas.