Nigrán | Este 28 de xuño celebrouse a rolda de prensa de presentación da nova edición do festival Vive Nigrán no Club Marítimo de Panxón, Nigrán.
O acto contou coa presenza Juan Rivas, director do festival, Txus Sáez, Marketing local e de clientes de Mahou San Miguel en Galicia, Ana Laura Iglesias González, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, e Juan González Pérez, alcalde de Nigrán.
A todos eles queremos agradecer unha vez máis a súa asistencia e o seu apoio ao festival. Coincidindo co Día Internacional do Día do Orgullo LGTBI, Vive Nigrán presenta a súa sétima edición, cun cartel máis transgresor que nunca, nunha edición na que a diversidade será a nosa bandeira. Vide divertirvos sen etiquetas, sen códigos de vestimenta, expresando a identidade de cada un como os nosos artistas. Somos fans da cultura, de romper o molde e, este ano temos un cartel en grao sumo colorido.
As datas teñen un especial papel, debido a que é a fin de semana de celebracións do Día Internacional do Orgullo LGTBI e contamos cun cartel o sábado que inclúe artistas tan comprometidos co colectivo como Ojete Calor, Javiera Mena ou Samantha Hudson. Ademais, contaremos co Concerto Xacobeo Nada Surf, Os Inimigos, Morgan, o Concerto Vibra Mahou de The Rapants ou Morreo, entre outros artistas. O festival Vive Nigrán arrinca este venres a súa sexta edición no campo de fútbol de Monte Lourido, cunha ampla programación para todas as idades e actividades complementarias.
O festival volve a unha contorna privilexiada xunto a Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán. Os abonos e as entradas para o venres e o sábado están dispoñibles en vivenigran.com Desde o seu nacemento, Vive Nigrán é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. E por iso, nesta edición volven as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de Vive Sostible, Vive Patrimonio, Vive Igualdade e Vive Activo coa colaboración do Concello de Nigrán. Este sábado 1 de xullo está programado un concerto dentro de Vive Patrimonio, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, a partir das 13:30 horas, no Praia de Nigrán, con acceso gratuíto.
O concerto contará coas actuacións de Caro Lemos, Sara Casas e María Gabeiras, do programa ‘Descúbreas’ da Deputación de Pontevedra. O mesmo sábado as actividades chegan ás praias. Dentro da programación de Vive Activo están previstas un roteiro de kaiak turístico en colaboración co Club Marítimo de Panxón, no peirao de Panxón, que será gratuíta para aqueles que teñan unha entrada ou abono para o festival, limitada a 10 prazas.
Haberá tamén unha actividade de Iniciación ao Surf, en colaboración coa Conserveira do Surf, na praia de Patos (cun custo de 10€ por persoa cada unha e idade mínima de 5 anos). Para ambas as actividades aínda hai prazas dispoñibles e a inscrición realízase a través do correo electrónico comunicacion@vivenigran.comestas actividades complementarias do festival realízanse coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest.
O festival Vive Nigrán conta un ano máis co impulso de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrella que fomenta encontros ao redor do directo. Ademais do apoio de Vibra Mahou, o festival tamén contará co apoio do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, a través da súa marca ‘Rías Baixas Fest’ e da Xunta de Galicia, a través de ‘FEST Galicia’, e en 2023 volve ter unha vez máis o apoio de Gadis. As entradas están á venda a través da web do festival. Os abonos teñen un prezo de 50€ máis gastos de xestión e as entradas de día 28€ máis gastos. Os menores ata 5 anos terán acceso gratis ao festival (máximo 2 nenos por adulto).