Ponteareas | Ponteareas comeza xa a celebrar o seu Corpus Christi 2023. Alcaldesa, corporación municipal, autoridades, articulistas e veciñanza déronse cita na sala multiúsos do auditorio municipal para acoller a presentación dunha nova edición da revista Pregón, que cada ano achega información, formación, artigos de interese e moitas imaxes da festa ponteareá máis arraigada e senlleira.
Durante o acto de presentación, a rexedora, Cristina Fernández, destacou o traballo colaborativo de todo un pobo para ensinar ao mundo unha arte efémera “que nos fai ser persoas xenerosas e agradecidas, empáticas e participativas, pero tamén creativas e solidarias”. Un traballo que require unha intensa dedicación nas semanas previas levando esa efervescencia dos portais ás rúas de Ponteareas, “contando historias e creando lembranzas cheas de recendos, xogos e amizades”.