Presentada na casa de Galiza “Viaxes polos lagares rupestres de Galiza. As pedras que facían viño”

E o libro do mesmo nome no que ambos os catadores reuniron preto de setenta lagares rupestres escavados en granito, a maior parte milenarios

Madrid | O catador e presidente da Asociación Galega de Sumillres Gallaecia, Luis Paadín, e o seu fillo Alejandro Paadín, tamén catador, presentaron na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición de fotografías “Viaxe polos lagares rupestres de Galicia. A pedras que facían viño”, que estará aberta ao público ata o próximo día 23, e o libro do mesmo título do que son coautores pai e fillo e que contén, entre outras, as imaxes expostas, seleccionadas de entre os máis de setenta lagares rupestres catalogados. O acto ten vinculación co que se celebrará mañá na Casa, no que cobrará especial protagonismo un recoñecemento internacional ao labor dos seus protagonistas que pon a Galicia nos primeiros postos mundiais da vitivinicultura a través da “Guía de Viños, Destilados y Bodegas de Galicia”.

 

Na presentación da exposición e o libro interviñeron Luis e Alejandro Paadín e, en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen se referiu a estes restos arqueolóxicos, como “a proba fehaciente da tradición milenaria da elaboración de viño en Galicia”. “Son, así mesmo, a ´documentación´ das xentes que habitaron eses territorios. Eles, a súa contorna e os seus topónimos, fálannos de como eran e vivían os nosos devanceiros”, apreciou, valorando que, ademais, constitúen “un referente da actividade económica, cultural e de ordenación xeopolítica”.

Segundo explicaron Luis e Alejandro Paadín, estes lagares rupestres son as bases das prensas escavadas no duro granito, o que permitiu que se conservaron durante tanto tempo a pesar da erosión e o uso, para o esmagado da uva ou outros froitos, como a oliva e a zarzamora, e demostran que Galicia ten unha tradición vitivinícola das máis antigas do mundo, un patrimonio esquecido que están a dar a coñecer, porque sen ben eles, e o equipo co que traballaron, non os crearon si os recuperaron e posto en valor. Están localizados, fundamentalmente, no sur da provincia de Ourense e áchanse situados próximos a castros ou vilas romanas e en zonas vitivinícolas actuais.

estes lagares rupestres son as bases das prensas escavadas no duro granito, o que permitiu que se conservaron durante tanto tempo a pesar da erosión e o uso, para o esmagado da uva ou outros froitos, como a oliva e a zarzamora, e demostran que Galicia ten unha tradición vitivinícola das máis antigas do mundo

Luis Paadín explicou que é difícil poñerlle data a estes lagares porque faltan estudos pero apreciou que polas súas estruturas e contornas e comparados cos de Portugal, varios “poderíanse situar ao final da Idade do Bronce” e outros “na Idade de Hierro ou na época romana”. “Na Rioxa úsanse como reclamo turístico”, sinalou, indicando tamén que estes
son moi posteriores aos galegos.

 

Un deles, localizado en Monterrei, que quedou á vista tras un incendio forestal, resultou ser un lagar importante porque mostra como as primeiras estruturas, nas que se conseguía viño branco ou clarete, adaptáronse para a elaboración de viño tinto, que precisa fermentar nun espazo pechado.

Os lagares rupestres de Galicia son circulares, ovoides, e os máis abundantes son de forma rectangulares. Están provistos de numerosos rebaixes, canles, piscinas, etc. O máis pequeno e aparentemente de uso máis sinxelo ocupa unha área aproximada de 1,50 m2, e o máis grande e sofisticado abarca unha superficie que chega ata os 40 m2. O maior desnivel entre a zona de prensado e de recollida de líquidos é de 1 m.

“As adegas son practicamente iguais en todo o mundo, pero poucas zonas vitivinícolas posúen un testemuño tan fiel da súa tradición. Estes lagares, seguramente coetáneos da orixinaria Torre de Hércules, das Murallas de Lugo e con máis de mil anos de antigüidade que a Catedral de Santiago, non se merecen terminar como muros de contención ou neste ignominioso esquecemento”, valorou Luis Paadín.