Santiago de Compostela | A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia organizou o programa Primavera de portas abertas, co obxectivo de promover o enoturismo na Comunidade galega.
Cada fin de semana, desde o pasado 5 de maio ata o 4 de xuño, a programación céntrarase nun dos cinco territorios vitivinícola, onde hai un amplo abanico de actividades, máis de 65 actividades diferentes.
Ademais de catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barco, concertos ou obradoiros infantís, hai autobuses do viño, concretamente 40, cun itinerario pechado por cada unha das denominacións de orixe. A primeira fin de semana de maio foi a quenda de Valdeorras, e a seguinte a do Ribeiro pero aínda se poderá participar nesta iniciativa nas rutas dos viños Rías, Baixas, entre o 19 e o 21 de maio; Ribeira Sacra, entre o 26 e 28 de maio; e Monterrei, entre o 2 e o 4 de xuño.
Para achegarse ás Rías Baixas, o sábado 20 e o domingo 21 de maio sairán autobuses dende Santiago, Pontevedra e Vigo para facer diferentes visitas pola Denominación. Para visitar a Ribeira Sacra (26-28 de maio) o sábado haberá servizo de autobús dende Monforte, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, e o domingo, dende Monforte, Ourense e Lugo. E por último, para visitar Monterrei, o sábado 3 de xuño faranse diferentes rutas con saídas dende A Coruña, Santiago, Ourense,Vigo e Pontevedra. En todo momento, os asistentes estarán acompañados dun guía turístico.
Esta actividade, que ten prazas limitadas, polo que se recomenda realizar unha reserva previa, ten un prezo de O 10 euros para os adultos, e de 5 para nenos de entre 3 e 13 anos.
A comida non está incluída pero existen establecementos de restauración adheridos a esta iniciativa de promoción do enoturismo en Galica. A información completa da actividade así como o horario máis detallado das rutas de autobús pódese consultar en www.turismo.
gal. Ademais da web, tamén existe unha aplicación gratuíta, dispoñible tanto para Apple como Android, Enoturismo en Galicia, onde figura o programa completo de Primavera de portas abertas.
Para aqueles que queiran moverse pola súa conta, as adegas participantes realizarán tres visitas guiadas o sábado (11, 12.30 e 17 horas) e unha o domingo (12 horas) da fin de semana correspondente. En total participarán cerca de cen socios, entre adegas, aloxamentos e restaurantes, das cinco denominacións.
Futuro sostible
Con todo, esta iniciativa que se desenvolve desde hai 13 anos, forma parte dos plans de sustentabilidade turística que na opinión da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fan posible que Galicia afronta un exitoso futuro que tamén pasa pola calidade da oferta e dos servizos.
Neste sentido, Nava Castro lembra que Galicia e a segunda comunidade con máis establecementos e servizos certificados co Q de calidade turística e mesmo é a primeira en sectores como os hoteis e os apartamentos turísticos, os aloxamentos rurais e os balnearios.
Canto á sostibilidade, a directora de Turismo de Galicia apela aos plans aprobados a proposta de Galicia dentro dos fondos Next Generation, que sentarán as bases do desenvolvementemo futuro do turismo galego “como actividade respectuosa e con gran capacidade para xenerar riqueza”.
Camiño de Santiago
No que atinxe á Ruta xacobea, un exemplo mundial de sustentabilidade, Nava Castro lembra tamén a recente aprobación por parte do Consello da Xunta do Plan director do Camiño de Santiago e para a directora de Turismo de Galicia marca a folla de ruta a seguir co obxectivo de protexelo, garantindo a súa pervivencia, a súa identidade e a posta en valor do seu patrimonio cultural e natural
Ademais, trázanse os obxectivos de traballo cara á celebración do vindeiro Ano Santo, en 2027, e fíxanse as liñas estratéxicas co obxectivo de preparar Galicia para o seguinte Xacobeo.
Ampliando os obxectivos do Plan Director 2015-2021, este novo programa con vixencia ata 2027 está estruturado arredor de 17 liñas de actuación e 98 accións e conta cun orzamento que duplica o anterior, acadando os 141,4M€.