Tui | O Concello de Tui vai proceder á contratación de dúas persoas ao abeiro do programa “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra. Será unha persoa coa titulación de xornalismo e outra coa diplomatura en biblioteconomía ou grao en información e documentación.
As persoas interesadas en participar no proceso de selección para a contratación formativa destas dúas persoas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego, xa que a preselección se realizará a través desta oficina.
Os códigos de ocupación nos que deben estar inscritas é o 29.221.044 para xornalismo, e o 291.21.018 para biblioteconomía. A duración do contrato formativo será de 6 meses prorrogables outros 6.
As bases completes poden consultarse en www.tui.gal.