Mos | 161 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria do CEIP Atín-Cela participaron esta mañá nunha visita guiada polas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta en Pereiras.
Os cativos estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro.
O alumnado puido coñecer en profundidade e en persoa o lugar donde adestran os seus ídolos, todos os seus rincóns e instalacións.
Por cursos os participantes na iniciativa foron: 13 nenos/as de Infantil 4 anos, 16 de 1º de Primaria, 32 de 2º, 24 de 3º, 26 de 4º, 26 de 5º e 24 de 6º.