Arbo | O Concello de Arbo deu un paso máis na preservación da súa a historia coa creación do seu primeiro belén municipal. A obra, que pode visitarse na Praza do Mercado de Martes a Sábado en horario de 8 a 14:00horas ou con cita previa para grupos chamando ao teléfono 630 07 05 14 (Loli .- Concelleira de Comercio e Participación Cidadá), consta de máis de 100 pezas.
A creación e deseño está a cargo do Vecino da parroquia de Sela (Arbo), Jose Mariño, que desde hai anos foi adquirindo pezas para o seu Belen persoal, que todos os anos armaba no garaxe de sú casa, chegando a gañar o Primeiro Premio do Concurso de Decoración de Nadal organizado polo Concello de Arbo.
Trátase do primeiro Belén Municipal, tal e como explicou o alcalde do Concello, Horacio Gil, que se instala na localidade, “xa que nunca antes viuse en Arbo un Belén Municipal de semellante magnitude. Noutras ocasións tivemos algún Nacemento ou algún Misterio determinado, pero nesta ocasión quedarán representados a maioría das pasaxes máis significativos do Nadal”. Así, Horacio Gil, detallou que neste Belén pódense atopar máis de 100 figuras e representacións.
O acto inaugural do Belén Municipal terá lugar o vindeiro sábado día 7 de decembro ás 12:30h, e contará coa presenza do alcalde e outros membros do goberno local e consagrará o belén nunha cerimonia na que enxalzara o valor cultural arbense e tradicional da obra. O belén forma parte das actividades do Nadal organizadas polo Concello de Arbo, dentro da programación cultural 2024/2025, e dende o Consistorio animan aos veciños e veciñas arvenses así como aos da comarca a visitar esta mostra artesanal e tradicional.