Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño informa que os próximos 28 e 29 de abril e 2 e 3 de maio, a través do programa “Coidados Porta a Porta”, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia prestará de xeito gratuíto unha serie de Servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móviles que se instalará no Recinto Amurallado.
A través de cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal prestaranse os Servizos de audioloxía, podoloxía e de prevención do alzhéimer co realización de probas de valoración cognitiva.