Tui | Os e as praceiras do Mercado Municipal de Tui participaron nas últimas semanas nun programa de formación e mentorización levado a cabo polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio e Mercados.
O obxectivo do concello de Tui con esta acción formativa é seguir avanzando pasos no camiño inicio para lograr o recoñecemento da praza tudense coma Mercado Excelente. Máis aló deste programa tamén se levou a cabo a redacción do proxecto para a reforma integral do edificio.
Esta actuacións supoñen un investimento de 21.829 € dos que 13.160 € foron aportados pola Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia a través das subvencións para o impulso da Rede de Mercados Excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de Abastos.
En concreto o programa formativo desenvolvido ten por obxectivo a transformación estratéxica dos postos do Mercado de Tui, ofrecéndolles asesoramento personalizado sobre o actual escenario de consumo e preparándoos tamén para as novas tendencias de consumo.
Entre os aspectos tratados estivo a mellora na xestión pero tamén o marketing visual do postos para facer máis atractivos, se cabe, a presentación dos produtos que xa contan cunha excelente relación calidade-prezo.
Así a formación levouse a cabo de xeito individual, visitando pola mañá cada un dos postos de carne, peixe, froitas, verduras, flores, … coma de xeito colectivo polas tardes con formación conxunta sobre distintos aspectos de xestión e sobre a elaboración dun plan acción que levar a cabo por cada praceiro e praceira.